ALBERTE MOMÁN

Alberte Momán (Ferrol. 1976). Medrar escribindo sempre o mesmo libro é comezar a miña traxectoria polas Tripas. Neste punto encóntranse volumes seminais como o Premio Narrativas Quentes, O lobo da xente (Ed. Positivas. 2003), ou o posterior O alento da musa (Difusora. 2007). Con Os quilómetros que percorremos dende aquela (Ed. Toxosoutos. 2011) fun consciente de que todas as miñas páxinas circulaban ao redor dunha única experiencia que estaba aínda por saír.

Decatarme de que escribir era a única forma de berrar o que doutro xeito permanecería sempre oculto, premendo as paredes do eu como continente, xunto coa dor que ese feito é quen de xerar, fíxome transitar a poesía como remedio en aparencia curativo, plasmando esa necesidade nun número inxente de volumes dos que tan só aquelas persoas con vontade para afondar na cuestión poderán enumerar. Eu carezo dela. Deixo nestas páxinas un alento do que foi e do que me acompaña aínda, non como enfermidade, senón como unha breve porción da miña biblioteca persoal.


Libros do autor

Aquí podes ler unha selección de artigos sobre a súa obra e entrevistas nos medios de comunicación.

 


Queres seguir a Alberte?
FACEBOOK   TWITTER

 

Agradecémosche que o compartas: