O CASO QUINTANA

AUTOR: Miguel Alonso
1.ª EDICIÓN: abril 2017
FORMATO: 14 x 21 cm. Rústica con solapas
ISBN: 978-84-941751-8-3
RESUMO: Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comezar a sua vida universitaria. Independencia, novos amigos, festas… Que pode saír mal? Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios, algúns deles soterrados no pasado.
Nos corredores da facultades de Psicoloxía, Sara atoparase con personaxes que farán máis peculiar e único o seu primeiro ano, pero ninguén tan excepcional coma Laura Mariño, a súa compañeira de cuarto. Irreverente, intelixente e estraña.
Unha rapaza pouco convencional, cun xeito propio e diferente de moverse polo mundo.
Xunto a ela vivirá a aventura más grande e perigosa da súa vida: a investigación de dous asasinatos cometidos na propia facultade.

 

Total: 16.00

Agradecémosche que o compartas: