O LIBRO DO COUREL

AUTORA: Sonia María García García
1.ª EDICIÓN: xullo 2016
2.ª EDICIÓN: novembro 2016
FORMATO: 19 x 23 cm. Rústica con solapas
ISBN: 978-84-941751-7-6
RESUME: As pronunciadas ladeiras e os estreitos vales da serra do Courel non llo puxeron fácil aos seus habitantes. No medio dunha paisaxe embriagadora, entre soutos e pradaríos, ríos e fervenzas, as súas numerosas e pequenas vilas, moitas practicamente despoboadas, gardan a esencia do que foi a vida courelá dende tempos remotos.
Este libro é unha viaxe ao Courel, ao de antano e ao de agora, para gozar, ademais da súa natureza privilexiada, dos rescaldos da vida tradicional e das súas manifestacións culturais que, malia a emigración e o envellecemento da poboación, aínda se conservan. A cultura castrexa, a pegada romana, a arquitectura popular e relixiosa, as actividades económicas, tradicionais e actuais, entre outros aspectos, son o seu fío condutor.

Total: 19.90

Agradecémosche que o compartas: