LUZ BELOSO


 

Luz Beloso (Monforte de Lemos, 1968) é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de pintura. Pintora, ilustradora e profesora de debuxo, participou en numerosas exposicións nacionais e internacionais, e ilustrou os seguintes libros: Alcuños de Redondela, de Francisco Sobral, ilustrado xunto a Juan Sicilia; O cullarapo Croque; A nena á que non deixaban ser feliz; O soño de Esther; O valente coello que quixo soñar, e Mel, unha mosca agradecida, escritos por Miguel Ángel Alonso Dio; Hada Esther, escrito por Olga Lalín e Esther Medraño; A soidade dás medusas, de Iria Collazo; e As receitas de Rosaura (Belagua, 2018) e Rosaura e o mar (Belagua, 2018), escritos por Isabel Blanco.

Os seus traballos como ilustradora recibiron numerosos premios e mencións, entre as que destacan as conseguidas por O soño de Esther (finalista no premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil de 2014; e finalista tamén dos premios Isaac Díaz Prado ao mellor álbum ilustrado galego de 2104); O valente coello que quixo soñar (finalista no Premio Frei MartínSarmiento no 2016), As receitas de Rosaura (tercer premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil e xuvenil de 2017).

 

 

 

 

 


Libros ilustrados en Belagua

Aquí puedes leer una selección de artículos sobre su obra y entrevistas en los medios de comunicación.

 

¿Quieres seguir a Luz?

Facebook  Twitter  dibujosbeloso.blogspot.com/   

about.me/luz_beloso

 

Agradecémosche que o compartas: