Manrique Fernández

Manrique Fdez


(Cospeito, Lugo. 1965).

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, traballou en distintos medios galegos, tanto na prensa escrita como en radio, televisión e medios dixitais. Dende o seu nacemento en 2002 exerce de director-xerente da Fundación Rogelio Groba.

En colaboración co compositor, publicou a súa biografía autorizada (“Meditacións en branco e negro”. Xerais, 2000), un libro de conversas (“Diabolus in musica”, Galaxia, 2011) e un catálogo (“Mi obra musical comentada”, Fundación Rogelio Groba, 2015). Da súa colaboración tamén naceron, entre outras composicións, dúas óperas (“Floralba” e “Pedro Madruga. O Noso Rei”), unha ópera infantil (a adaptación do conto de Charles Perrault “O gato con botas”), unha cantata (“Corpus en Ponteareas”), e un réquiem (“Samaín. Réquiem galego”).

Ademais publicou o libro “Floralba” (Egasur, 1999), que recolle o libreto da ópera do mesmo título e o poema orixinal no que se baseou; “Ponteareas máxica. mitos, ritos e lendas” (Asociación de Comerciantes de Ponteareas, 2001), no que recompila varias lendas da zona relatadas en verso; e mailo libro de relatos “Crónicas de Embora” (Toxosoutos, 2014).


Libros del autor

Aquí puedes leer una selección de artículos sobre su obra y entrevistas en los medios de comunicación.


¿Quieres seguir a Manrique?
FACEBOOK   TWITTER

 

Agradecémosche que o compartas: