SALVADOR RODRÍGUEZ


Salvador Rodríguez Pastoriza (Bueu, 1963) é xornalista e escritor. Foi finalista do XXIII Premio Antonio Machado de Relatos Cortos, terceiro premio Julio Camba de Xornalismo (2000), segundo premio do Certame de Relatos Cortos Concello de Moaña (2001), e mención especial do xurado no XVIII Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (2002).

É autor dos libros de poesía Fins do mundo (Autoedición, 1998) e de narrativa La hija de Sherlock Holmes (Alfasur, 2000), Entre Fisterras. Conversas con Carlos Núñez (Xerais, 2003), Memoria de náufragos (Cardeñoso, 2006), Libertarios (Cardeñoso, 2007) e Liboreiro Blues (Bueu Edicións, 2014), e participou con varios relatos no volume colectivo Phiccións (Xerais, 2001).

 

 

 

 

 


Libros del autor

Aquí puedes leer una selección de artículos sobre su obra y entrevistas en los medios de comunicación.

Agradecémosche que o compartas: