Sonia María García García

 


sonia-garcia Sonia María García García (A Coruña, 1972) é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e exerce como profesora de Ensino Secundario e Bacharelato na Coruña.

Publicou artigos en revistas especializadas en Educación e en varias gacetas, sobre temas relacionados coa xeografía e a cultura de Galicia: relevo, espazos naturais, lugares arqueolóxicos, o Camiño de Santiago, a orixe de festas e tradicións, ou a lírica medieval, entre outros. Ademais, impartiu durante varios anos obradoiros literarios a rapaces de entre doce e dezaséis anos.

Administradora de dous blogues –“Eira de pedra”, de temática variada, e “Galicia Milenaria”, dedicado á xeografía, historia e arte de Galicia– e afeccionada á fotografía, participou na I Exposición fotográfica “Galiza branco e negro”, itinerante por Galicia e Portugal durante un ano completo, cunha imaxe tomada no Courel, titulada “Vila branca”.

Das súas viaxes ao Courel, do contacto coas súas xentes, de todo o aprendido e fotografado, do seu amor especial por estas terras, polas súas paisaxes e a súa cultura, xurdiu “O libro do Courel” (Belagua, 2016). Tras el, escribiu en castelán a súa primeira novela, “Toca: el oro de la Gallaecia” (Belagua, 2017), ambientada no Courel na época da romanización dos castros.

 


Libros de la autora

Aquí puedes leer una selección de artículos sobre su obra y entrevistas en los medios de comunicación.

 

 


¿Quieres seguir a Sonia?
Blog Galicia Milenaria         Blog Eira de pedra     Blog Terras do Courel
 FACEBOOK    TWITTER

 

Agradecémosche que o compartas: